Saltar ao contido principal

CURSOS PREPARATORIOS PARA OS CERTIFICADOS DE LINGUA GALEGA CELGA

Segundo a RESOLUCIÓN do 4 de agosto de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, publicada no DOG o pasado 12/08/2020, ábrese o segundo prazo de inscrición para os cursos preparatorios para a obtención do certificado de lingua galega Celga.

A realización do curso non dará dereito a ningún tipo de certificación, por tratarse dun curso preparatorio para as probas conducentes á obtención dos certificados de lingua galega Celga, cuxa expedición lle compete á Secretaría Xeral de Política Lingüística.

O prazo para a presentación das solicitudes abranguerá desde desde o *5 ata o 15 de xaneiro de 2021*, para os cursos que se impartirán no segundo cuadrimestre (febreiro-maio).

A obtención do número para a adxudicación das prazas nos cursos do segundo cuadrimestre realizarase en acto público, o día 18 de xaneiro ás 13.00 horas, na EOI de Ourense (r/ Mestre Vide, núm. 10, Ourense). O día 19 de xaneiro o alumnado poderá consultar na aplicación web se foi admitido.

EOI A Coruña:

Celga 4 febreiro-maio 2021 (tarde)

EOI Ferrol:

Celga 4 febreiro-maio 2021 (mañán)

EOI Compostela:

Celga 4 febreiro-maio 2021 (tarde)

Celga 4 febreiro-maio 2021 (tarde)

EOI Lugo:

Celga 2 febreiro-maio 2021 (tarde)

Celga 3 febreiro-maio 2021 (tarde)

Celga 4 febreiro-maio 2021 (tarde)

EOI Ourense:

Celga 3 febreiro-maio 2021 (mañán)

Celga 4 febreiro-maio 2021 (tarde)

EOI Pontevedra:

Celga 2 febreiro-maio 2021 (tarde)

Celga 3 febreiro-maio 2021 (tarde)

Celga 4 febreiro-maio 2021 (mañán)

Celga 4 febreiro-maio 2021 (tarde)

EOI Vigo:

Celga 2 febreiro-maio 2021 (mañán)

Celga 3 febreiro-maio 2021 (tarde)

Celga 4 febreiro-maio 2021 (mañán)

Celga 4 febreiro-maio 2021 (tarde)

 

Ligazón Resolución:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200812/AnuncioG0534-040820-0002_gl.pdf

Ligazón inscrición:

https://www.eoidigital.com/preinslinguagalega/alumnos/index.php

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr