Pola RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 2020 (DOG 11/01/2021) publicouse o Plan de formación para o ano 2021. O Plan de formación continua da EGAP recolle as actividades formativas dirixidas ao persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, ao persoal das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional, ao persoal ao servizo da Administración de xustiza de Galicia, ao persoal ao servizo das entidades locais de Galicia e ao persoal de administración e servizos (PAS) das tres universidades do Sistema universitario de Galicia (UDC, USC e UVigo).
Ligazón DOG:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210111/AnuncioO150-231220-0002_gl.pdf
Comentarios
Publicar un comentario