Saltar ao contido principal

QUE AS TOMAS DE POSESIÓN POR FIN SE FAGAN DE XEITO DIXITAL

Dada a situación actual da pandemia polo Covid-19 e as vixentes restricións de desprazamentos, que seguramente se agravaran co paso dos días, dende a CIG-Xustiza solicitamos, ante a inminencia da resolución do concurso de traslados, que se habilite na OPAX a opción de asinar dixitalmente o cesamento ou a toma de posesión, funcións que quedarían para vindeiros concursos.
De non ser posible implementar dita opción na OPAX para este ano, entendemos que a mellor solución pasaría por remitir aos centros de traballo, coa antelación suficiente, os impresos dos cesamentos e das tomas de posesión para a súa formalización, evitando así ao máximo os desprazamentos entre as localidades de destino e as xefaturas territoriais. De feito, remitidos os documentos en formato pdf ao correo electrónico do xulgado poderían ser asinados dixitalmente e devoltos á delegación respectiva por esa mesma vía sen maior problema.

Ligazón escrito presentado:

https://drive.google.com/file/d/1lPdedYy1Igua1x8HSvFP1v6F6tHjJcVr/view?usp=sharing


Comentarios

Publicacións populares deste blog

MOBILIZACIÓNS EN MADRID SOBRE NEGOCIACIÓN DA LOEO, DETALLE DE FUNCIÓNS E MELLORAS SALARIAIS

  As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

MANIFESTACIÓN EN MADRID REIVINDICANDO MELLORAS NA LOEO, FUNCIÓNS E RETRIBUCIÓNS

Manifestación en Madrid sobre reclamación de melloras na negociación da LOEO, detalle de funcións e melloras retributivas para todo o estado.