Saltar ao contido principal

A CIG REITERA O REFORZO PARA O XULGADO Nº 1 DE CALDAS DE REIS

Resulta que, recentemente, tras manter unha conversa co Secretario Coordinador Provincial de Pontevedra, reiteramos a petición de reforzo do Xulgado de Caldas de Reis nº 1, un dos poucos xulgados mixtos (por non dicir o único que debe quedar nesta situación) que, a pesares de ter encomendada as tarefas do Rexistro Civil, carece do aumento no seu cadro de persoal  dun funcionario máis do corpo de tramitación ou de xestión (mellor deste corpo, porque pode asinar no rexistro civil) que, xustamente, todos os órganos dese tipo teñen establecido agás o xulgado de Caldas de Reis, que leva penando máis de tres anos, ben porque se lle nomee un reforzo, ben porque se xestione a creación da praza correspondente no cadro de persoal dese órgano xudicial. 

Consultada a Dirección Xeral de Xustiza só se nos acusou recibo da petición; consultado o Secretario Coordinador Provincial de Pontevedra, indicóusenos que leva reiterando dito reforzo desde hai máis de dous anos; e, consultado o TSXG indicóusenos que desde o 5-5-2017 xa se remitiu escrito á Dirección Xeral de Xustiza en relación con esta problemática e solicitando un reforzo para este xulgado.

Pois ben, ao parecer, desde maio de 2017 (vai para catro anos), nunca máis se soubo sobre o reforzo ou o aumento do cadro de persoal de Caldas de Reis. Asombra o control existente tanto no TSXG como na Dirección Xeral de Xustiza en relación ao estado e problemáticas existentes nos órganos xudiciais do seu territorio.

Ligazón escrito presentado CIG:

https://drive.google.com/file/d/1A_2y0q5vCEq7VgEUeBTjqgx7jiC1Q_kw/view?usp=sharing

Ligazón escrito contestación TSXG:

https://drive.google.com/file/d/1s4LKeo60kj_3hprC_XXK2lFBYFRrEo90/view?usp=sharing

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr