Saltar ao contido principal

CAMPAÑA ANUAL DE VIXILANCIA DA SAÚDE

No DOG do 3 de febreiro publicouse a RESOLUCIÓN do 28 de xaneiro de 2021, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, pola que se dá publicidade á *campaña da vixilancia periódica da saúde para o ano 2021* no ámbito da Administración xeral da Xunta de Galicia.    

A inscrición previa realizarase de forma telemática no formulario de petición de recoñecemento, que está dispoñible na Opax (Oficina virtual do persoal da Administración de xustiza).

O prazo de inscrición rematará transcorridos 3 meses contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no DOG, agás persoal de nova incorporación, o persoal que se incorpore ao traballo tras unha ausencia prolongada por motivos de saúde e o persoal que durante o prazo de solicitude estea gozando das vacacións. Nestes supostos deberá presentarse a debida xustificación ante o Servizo de Prevención de Riscos Laborais.

Ligazón Resolución:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210203/AnuncioG0595-010221-0004_gl.pdf

Ligazón OPAX:

https://www.xunta.es/sxpa/AIX/

Comentarios

Publicacións populares deste blog

MOBILIZACIÓNS EN MADRID SOBRE NEGOCIACIÓN DA LOEO, DETALLE DE FUNCIÓNS E MELLORAS SALARIAIS

  As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

MANIFESTACIÓN EN MADRID REIVINDICANDO MELLORAS NA LOEO, FUNCIÓNS E RETRIBUCIÓNS

Manifestación en Madrid sobre reclamación de melloras na negociación da LOEO, detalle de funcións e melloras retributivas para todo o estado.