No DOG de hoxe, 1 de febreiro, publicouse a RESOLUCIÓN do 25 de xaneiro de 2021 pola que se convocan as actividades de formación continua en materia de idiomas para o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais da Administración institucional de Galicia, da Administración de xustiza, das entidades locais e de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG). https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210201/AnuncioO150-210121-0001_gl.pdf
Matrícula: dende as 8 horas do 2 de febreiro ata as 23.55 horas do 15 de febreiro en https://egap.xunta.gal/matricula
O número máximo de actividades formativas que se poden solicitar nesta convocatoria limítase a dúas.
Máis información en:
Comentarios
Publicar un comentario