No DOG do 3 de febreiro publicouse a RESOLUCIÓN do 18 de xaneiro de 2021, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se anuncia, con carácter voluntario e gratuíto, a convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4 (código de procedemento PL600A).
Os cursos preparatorios para os certificados de lingua galega (Celga) poderán ser solicitados por todas as persoas maiores de dezaseis anos ou por aquelas que os fagan no ano natural da convocatoria, que desexen mellorar o seu coñecemento e dominio do galego e preparar as probas que a Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca periodicamente para certificar a competencia nesta lingua.
As persoas que desexen participar nestes cursos deberán cubrir o
formulario de solicitude, segundo o modelo PL600A, que se publica como
anexo I, e dirixilo á xefatura territorial da Consellería de Cultura,
Educación e Universidade da provincia que corresponda. Os formularios de
solicitude estarán dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia,
no enderezo https://sede.xunta.gal.
O prazo para presentar as solicitudes será de 15 días hábiles (24 de febreiro), que se
contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no
Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil,
entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.
Ligazón Resolución:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210203/AnuncioG0598-220121-0001_gl.pdf
Comentarios
Publicar un comentario