Saltar ao contido principal

ESTE É O CONSELLO XERAL DO PODER XUDICAIL DO SÉCULO XXI

Moito vir o Sr. Lesmes (presidente do CXPX) a comprobar o estado do novo edificio xudicial de Vigo e dicir que esta é una obra fabulosa para a xustiza do século XXI (por certo, podería terlle preguntado ao presidente da xunta, Sr. Feijoo, polo desfase de millóns de euros existente nesa obra, de 27 a 40) e, sen embargo, o CXPX que dirixe en funcións o Sr. Lesmes danos unha contestación do século XIX en canto a dixitalización de dito CXPX.

A CIG solicitoulle ao CXPX o pasado 19/01/2021 que o acceso á comunicación coas salas de goberno dos distintos Tribunais Superiores de Xustiza, naqueles temas gobernativos da súa competencia, se puidera realizar de xeito dixital, ben a través dun correo electrónico habilitado ao efecto, ben a través da propia sede electrónica do CXPX, a fin de que calquera cidadán puidera contactar fehacientemente con eses organismos en base a información que se facilitara na páxina web. Pois a resposta do CXPX é remitirnos ao papel escrito e nada do tema dixital, concretamente a expresión literal foi "...no es posible la habilitación electrónica interesada..." como se lle estiveramos a pedir algo contra natura.

Seica o Poder Xudicial debe ter medo a que o cidadán se poña en contacto con eles e por iso é mellor non dar moita información nin facilitarlles o acceso, non vai ser que se queixen e que, aínda por riba, haxa que darlles a razón. Esta si que é a xustiza do século XXI.

Ligazón escrito presentado:

https://drive.google.com/file/d/1YOb2lxikvM3oaYYpq0xCsGJ0JoE34Zgj/view?usp=sharing

Ligazón contestación CXPX:

https://drive.google.com/file/d/1LzILTnjJWXYfOAKqCGzJuOX79jLZYZ69/view?usp=sharing

Comentarios

Publicacións populares deste blog

MOBILIZACIÓNS EN MADRID SOBRE NEGOCIACIÓN DA LOEO, DETALLE DE FUNCIÓNS E MELLORAS SALARIAIS

  As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

MANIFESTACIÓN EN MADRID REIVINDICANDO MELLORAS NA LOEO, FUNCIÓNS E RETRIBUCIÓNS

Manifestación en Madrid sobre reclamación de melloras na negociación da LOEO, detalle de funcións e melloras retributivas para todo o estado.