Lembramos a aquel@s interin@s que teñan solicitado a traxectoria profesional e se lles teña comunicado a súa denegación, que teñen dous meses para interpoñer a demanda correspondente. Este sindicato pon a disposición de quen o precise a súa asesoría xurídica, que xa ten formuladas varias demandas ao respecto.
As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.
Comentarios
Publicar un comentario