A loita do 10 de marzo segue vixente e con máis forza ca nunca, por iso o 10 de marzo deste ano está convocada unha folga xeral na comarca de Ferrol. Folga xeral qeu é a resposta necesaria para evitar a destrución de emprego e reverter a grave crise industrial que se vive nesta bisbarra. Esta crítica situación esténdese polo conxunto de Galiza, pero de forma máis dura nas comarcas do norte: A Coruña, Ferrol, As Pontes, A Mariña, Terra Chá, etc, comarcas que teñen unha vida en común e que se están a ver enormemente afectadas.
Comentarios
Publicar un comentario