Tendo en conta que o Ministerio de Xustiza ven de publicar na Área privada do "Portal da administración de xustiza" (só accesible para os territorios non transferidos), as escalas dos Corpos Xerais actualizadas a data 8 de febreiro de 2021 e, dado que a versión á que se ten acceso a través da OPAX é do 31 de xullo de 2020, a CIG solicioulle á Dirección Xeral de Xustiza a actualización das citadas escalas.
As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.
Comentarios
Publicar un comentario