Saltar ao contido principal

ACTUALIZACIÓN NÚM. 4 ESTRATEXIA DE VACINACIÓNS

O pasado 26 de febreiro o Ministerio de Sanidade publicou a Actualización número 4 da “Estratexia de vacinación fronte á Covid-19 en España” tras o acordo alcanzado pola Comisión de Saúde Pública, na que tamén se atopan representadas todas as comunidades autónomas.

Dita Actualización inclúe, como novidade respecto á Actualización 3, os seguintes grupos a vacinar con  ARNm: persoas de 70 a 79 anos (grupo 5 B), de 60 a 69 (grupo 5 C), as de menos de 60 con condicións de risco alto de COVID-19 grave (grupo 7) e de idades comprendidas entre os 56 e 59 (grupo 8). A definición dos devanditos grupos realizouse en previsión dunha maior dispoñibilidade de doses de vacinas no segundo trimestre do ano.

Ademais, o documento especifica que coas vacinas de  AstraZeneca, unha vez completada a vacinación a colectivos con función esencial para a sociedade priorizados na Actualización 3, administrarase ás persoas de entre 45 e 55 anos de idade (grupo 9).

Ligazón Actualización 4:

https://www.mscbs.gob.es/profesionales/saludPublica/prevPromocion/vacunaciones/covid19/docs/COVID-19_Actualizacion4_EstrategiaVacunacion.pdf

Ligazón táboa resume grupos vacinación:

https://drive.google.com/file/d/159PG7UK6-3TFojyHXgllyaX7rggOjD4f/view?usp=sharing

Comentarios

Publicacións populares deste blog

MOBILIZACIÓNS EN MADRID SOBRE NEGOCIACIÓN DA LOEO, DETALLE DE FUNCIÓNS E MELLORAS SALARIAIS

  As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

MANIFESTACIÓN EN MADRID REIVINDICANDO MELLORAS NA LOEO, FUNCIÓNS E RETRIBUCIÓNS

Manifestación en Madrid sobre reclamación de melloras na negociación da LOEO, detalle de funcións e melloras retributivas para todo o estado.