Saltar ao contido principal

CRIBADOS EN PONTEVEDRA E COMO DEBEN DE FACERSE

En canto á polémica suscitada pola recollida de datos para a realización de cribados nos colectivos da Adminitración de Xustiza, a fin de clarificar ás compañeiras/os a situación, a CIG contactou coa Xerencia de Atención Primaria do Sergas na Coruña e, polo responsable da mesma, se nos indicou que para o cribado levado a cabo no colectivo de persoal adscrito aos xulgados da Coruña requeriuse tanto do Servizo de Xustiza da Coruña como do TSXG os datos necesarios para poder contactar co persoal involucrado.

Esta realización de cribados ven fixada pola estratexia da Consellería de Sanidade e, é executada polas respectivas Xerencias de Atención Primaria, facendo as ditas probas naqueles lugares xa habilitados ao efecto en cada poboación para todos os cidadáns.

En consecuencia, tanto a recollida de datos como a chamada correspondente para as probas e o lugar de realización das mesmas realízase igualmente que a calquera persoa residente en Galiza, nos lugares e polo procedemento establecido ao efecto. Menos mal que na provincia de Pontevedra o Sergas, ao parecer, reprantexou o sistema de obtención de datos persoais para a realización das probas (como non podía ser doutro xeito) procurando recabar a información de quen realmente a ten no seu poder, que son os servizos de xustiza respectivos, con quen terían que contactar a estes efectos, e non por medios non regulamentarios como pretendía algunha central sindical.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr