Saltar ao contido principal

FOLGA 8M - MILLEIROS DE MULLERES NAS RÚAS

Onte,  8 de marzo, milleiros de mulleres de todos os sectores secundamos a  folga  convocada pola CIG e  saímos á rúa, pese á campaña de desmobilización, criminalización e acoso social promovido, incluso, polos poderes públicos.  Querían que estiveramos caladas e que o 8 de marzo quedara reducido a unha mera declaración institucional, a unha conmemoración hipócrita por parte dos poderes que nos discriminan e nos machacan.  

Pero as combativas mulleres galegas demos unha lección e deixamos claro que  nin a pandemia nin o patriarcado van facer calar as nosas gorxas. Con todo o vento en contra, a CIG amosou a capacidade de mobilización das mulleres galegas. Porque non podemos permitir que sexamos nós, as mulleres as que paguemos a crise: o 70% das persoas que quedaron sen traballo por mor da pandemia son mulleres e  o 40% das mulleres viron modificada ou reducida a súa xornada laboral para soportar en exclusiva as labores de coidados e de conciliación familiar.  Esiximos xustiza, esiximos igualdade.
Máis de  300  compañeiras  desta Administración secundaron a folga convocada pola CIG.  Moitas grazas a todas.  Seguimos na loita!!!
 





 


Comentarios

Publicacións populares deste blog

MOBILIZACIÓNS EN MADRID SOBRE NEGOCIACIÓN DA LOEO, DETALLE DE FUNCIÓNS E MELLORAS SALARIAIS

  As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

MANIFESTACIÓN EN MADRID REIVINDICANDO MELLORAS NA LOEO, FUNCIÓNS E RETRIBUCIÓNS

Manifestación en Madrid sobre reclamación de melloras na negociación da LOEO, detalle de funcións e melloras retributivas para todo o estado.