Saltar ao contido principal

MESA SECTORIAL MADRID - ACORDO DE TELETRABALLO

1) Trasladamos a administración que non é que non consideráramos importante e necesaria unha regulamentación básica sobre teletraballo, se non que considerabamos máis importante adicar os nosos esforzos e escasos recursos a outras cuestións máis importantes para cimentar correctamente a nova oficina xudicial. Por iso entendemos que con esta regulamentación estase a poñer o carro antes que os bois.

2) Igualmente salientamos que no documento non se plasma un compromiso claro económico por parte das administracións para levar adiante esta regulamentación. Curiosamente no artigo 4.3 establécese con moita laxitude o texto de que as administracións implicadas deberían dotar os medios necesarios “...no prazo máis breve posible...”. Este texto deixa as claras que as comunidades autónomas van ir a distintas velocidades e a implantación do teletraballo vai ser moi diferente nos distintos territorios.

3) Fixéronse determinadas apreciacións puntuais ao texto sobre correccións e pequenas melloras tales como fixar o 1/3 no canto do 30%  do artigo 5 e o 0,5 do rendondeo; que as resolucións de denegación sexan motivadas e non só xustificadas do artigo 6 e que se retire o dobre informe por consideralo excesivo; curiosamente non se incluia unha regulamentación do teletraballo para situacións excepcionais (como nunha pandemia, por exemplo); finalmente reiteramos a cuestión da capacitación dixital do persoal para poder afrontar con garantías a implantación do expediente dixital e a modernización da administración de xustiza.

4) Desde CIG reitarmos polo tanto o noso posicionamento en toda esta negociación que non foi outro que adicar os recursos e os esforzos a mellorar outros motísimos aspectos tanto ou máis importantes como a dixitalización, o expediente xudicial electrónico, a capacitación dixital, etc. Primeiro temos que traballar ben presencialmente e ter as ferrramentas idóneas para facelo e logo traballaremos ben a distancia.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

MOBILIZACIÓNS EN MADRID SOBRE NEGOCIACIÓN DA LOEO, DETALLE DE FUNCIÓNS E MELLORAS SALARIAIS

  As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

MANIFESTACIÓN EN MADRID REIVINDICANDO MELLORAS NA LOEO, FUNCIÓNS E RETRIBUCIÓNS

Manifestación en Madrid sobre reclamación de melloras na negociación da LOEO, detalle de funcións e melloras retributivas para todo o estado.