Saltar ao contido principal

O CLASISMO IMPERA NAS PRAZAS DE APARCADOIRO DOS XULGADOS DA CORUÑA

 Hai uns meses, cando se abriu o prazo para solicitar praza no aparcadoiro do edificio de Capitán Juan Varela,  este sindicato púxose en contacto co xefe de servizo de medios da DX para solicitarlle que non se fixera discriminación por corpos ou postos de traballo á hora de adxudicar as prazas, como sucede noutras localidades.

Rafael Juanatey, subdirector de medios, contestounos que a Delegada da Coruña estaba en “intensas” negociacións co Decano da Coruña, porque a idea era deixar o aparcadoiro da rúa Monforte para Fiscalía, LAX e poder xudicial, quedando o da rúa Capitán Juan Varela (68 prazas) para os corpos xerais.

Pois ben, meses despois, con total escurantismo por parte da Delegación, que en ningún momento convocou nin informou a este sindicato, adxudícanse as prazas e vemos que non só o da rúa Monforte queda para eses corpos senón que no outro se reservaron  prazas para tod@s @s maxistrad@s e LAX.

Finalmente volveu triunfar o clasismo e a discriminación nesta Administración. Non é que a xustiza xa non sexa para tod@s igual, senón que na Administración de Xustiza non somos tod@s iguais. Hai quen cre que coa toga e as puñetas vai adherida unha praza de aparcamento, e a poder ser cuberta. Precisamente aqueles corpos cunha nómina máis elevada son quen máis pulan por non pagar un aparcadoiro.

Denunciamos o dobregamento da Delegación ante a postura do Decanato da Coruña, o trato de favor cara quen, precisamente, non son os seus empregados, e a discriminación con respecto ao que sucede cos aparcadoiros doutros edificios xudiciais galegos

Comentarios

Publicacións populares deste blog

MOBILIZACIÓNS EN MADRID SOBRE NEGOCIACIÓN DA LOEO, DETALLE DE FUNCIÓNS E MELLORAS SALARIAIS

  As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

MANIFESTACIÓN EN MADRID REIVINDICANDO MELLORAS NA LOEO, FUNCIÓNS E RETRIBUCIÓNS

Manifestación en Madrid sobre reclamación de melloras na negociación da LOEO, detalle de funcións e melloras retributivas para todo o estado.