O TSXG ven de estimar COMPLETAMENTE a demanda interposta pola CIG contra a Orde de Carreira Profesional, pactada por UXT, CCOO e Xunta e, en concordancia, ven de acordar o dereito do persoal laboral temporal e funcionario interino a participar na Carreira Profesional. Houbo condena en custas para a Xunta.
Esta é unha importante Sentenza, que terá repercusións en múltiplos casos individuais, así como noutras normas como a da traxectoria profesional do sector de Xustiza. Deste xeito, non haberá discriminacións na carreira profesional para o persoal eventual, tal e como SPJ-USO, UXT e CCOO asinaron no seu día.
Alguén ten que ir quitando o lixo que outros van deixando polo camiño, colgándose continuamente medallas polos seus logros, sen importar a quen deixan atrás.
Comentarios
Publicar un comentario