Saltar ao contido principal

SOLUCIÓN DOS PROBLEMAS DE COTIZACIÓNS Á SEGURIDADE SOCIAL ANTERIORES A 1990

Como cuestión previa da Mesa Sectorial de Madrid trasladóusenos polo responsable ministerial a solución adoptada pola Seguridade Social na implementación da disposición 158ª da Lei de Orzamentos do Estado.

Sobre esta cuestión a CIG foi moi belixerante e, de feito, foi a única órganización sindical que obtivo no TSXG unha sentenza estimatoria na que se condenaba a TXSS a realizar as cotizacións correspondentes aos servizos prestados con anterioridade a 1990.

O responsable ministerial indicou que o persoal que na actualidade esté en activo e as súas cotizacións se fagan a Dereitos Pasivos non terían que ter problemas, pois co simple feito de ter recoñecido os servizos anteriores a 1990 nos trienios que se perciben, cando chegue a hora da xubilación o departamento de Dereitos Pasivos vai ter en conta a certificación dos servizos prestados, non afectando para nada a problemática de non cotización dos mesmos. 

En canto ao resto do persoal, é dicir, aquel que prestou servizos como interino con anterioridade a 1990 e non se lle fixeron as cotizacións correspondentes aos mesmos no réxime xeral da seguridade social, a hora de xubilarse, o INSS porá ao seu dispor un procedemento administrativo para poder integrar ese tempo traballado e non cotizado para telo en conta aos correspondentes efectos da xubilación. Neste caso pode atoparse o persoal interino que, tendo traballado con anterioridade a 1990, nunca accedeu a ser funcionario de carreira ou tamén aquel persoal interino que, tendo traballado con anterioridade a 1990, accedeu a ser funcionario de carreira con posterioridade a 2011.

Desde a CIG tamén voltamos a facer fincapé nas fallas de cotización que se poden producir como consecuencia dos concursos de traslados, naquel pesoal titular que cotiza desde o ano 2011 ao réxime xeral da seguridade social.  O problema ben en  que a cotización do prazo posesorio lle corresponde a administración de destino receptora da funcionaria/o trasladado, no canto de que dito prazo aínda lle corresponda a administración de orixe. Esta eiva debería de terse solucionado fai anos cando xa o indicou a CIG, poñendo nas resolucións dos concursos que o prazo posesorio lle corresponde a adminitración de orixe. Actualmente e, con pequenas "trampas", as administracións respectivas van solucionando o problema pero seguramente haxa casos de falta de cotización de periodos motivados por esta cuestión polo que non estaría de máis que os que entráchedes na adminsitración despois 2011 revisárades a vosa vida laboral.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

MOBILIZACIÓNS EN MADRID SOBRE NEGOCIACIÓN DA LOEO, DETALLE DE FUNCIÓNS E MELLORAS SALARIAIS

  As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

MANIFESTACIÓN EN MADRID REIVINDICANDO MELLORAS NA LOEO, FUNCIÓNS E RETRIBUCIÓNS

Manifestación en Madrid sobre reclamación de melloras na negociación da LOEO, detalle de funcións e melloras retributivas para todo o estado.