Saltar ao contido principal

A CIG SOLICITA QUE SE DOTE A SALA DE AUTOPSIAS DA NOVA CIDADE DA XUSTIZA

Ante as deficientes instalacións da sala de autopsias existente no Hospital Nicolás Peña de Vigo e, toda vez que nas instalacións da cidade da xustiza no antigo Hospital Xeral está reservado o espazo para unhas novas instalacións deste tipo, a CIG ven de solicitarlle á Secretaría  Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo que, con motivo do traslado das instalacións xudiciais da rúa Lalín ao final deste ano 2021, se proceda tamén a realizar a dotación correspondente de material e adecuación de espazos para que ao mesmo tempo se leve a cabo o traslado das instalacións do Imelga de Vigo (concretamente da Sala de Autopsias) ao seu novo emprazamento, coincidindo no tempo co citado traslado das instalacións xudiciais.

Ligazón escrito Secretaría Xeral:

https://drive.google.com/file/d/1zldZzsGMvpWhjCvVx365110jIe3MfStc/view?usp=sharing


Comentarios

Publicacións populares deste blog

MOBILIZACIÓNS EN MADRID SOBRE NEGOCIACIÓN DA LOEO, DETALLE DE FUNCIÓNS E MELLORAS SALARIAIS

  As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

MANIFESTACIÓN EN MADRID REIVINDICANDO MELLORAS NA LOEO, FUNCIÓNS E RETRIBUCIÓNS

Manifestación en Madrid sobre reclamación de melloras na negociación da LOEO, detalle de funcións e melloras retributivas para todo o estado.