Saltar ao contido principal

APROBADA A ÚLTIMA LEI DE MODIFICACIÓN DO REXISTRO CIVIL

Onte, 29 de abril, publicouse no BOE a Lei Orgánica 6/2021, de 28 de abril, complementaria da Lei 6/2021, de 28 de abril, pola que se modifica a Lei 20/2011, de 21 de xullo, do Rexistro Civil, de modificación da Lei Orgánica 6/1985, de 1 de xullo, do Poder Xudicial e de modificación da Lei Orgánica 10/1995, de 23 de novembro, do Código Penal.

Nesta lei establéceces que o novo Rexistro Civil Único axuntará todos os rexistros nunha soa base de datos común e unha soa  app. As oficinas estarán conectadas para gañar en interoperabilidade entre administracións.

Así, o Rexistro Civil Único englobará: 1 Rexistro Civil Central, 16 Rexistros Civís Exclusivos (RCE), 415 Rexistros Civís Municipais Principais (RCMP), 7.700 Rexistros Civís Municipais Delegados (RCD) en Xulgados de Paz (JJ. PP) e 180 Oficinas do Rexistro Civil en demarcacións consulares.

Ligazón nova "Noticias Juridicas":

https://noticias.juridicas.com/actualidad/noticias/16208--ley-organica-6-2021:-luz-verde-al-nuevo-registro-civil/

Ligazón Lei Orgánica 6/2021:

https://www.boe.es/boe/dias/2021/04/29/pdfs/BOE-A-2021-6944.pdf

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr