Saltar ao contido principal

COMUNICACIÓN Á MUXEXU DAS PERSOAS DE MOI ALTO RISCO

Como continuación da comunicación do pasado día 9 de abril, definiuse o procedemento de actuación para recompilar os datos precisos daqueles mutualistas e beneficiarios que se deben ter en conta na priorización da vacinación, conforme ás condicións descritas no apartado quinto do documento de Estratexia de vacinación fronte a COVID-19 en España, de data 30/03/2021, no que se relacionan as persoas que teñen un maior risco de enfermidade grave e morte ante unha infección por SARS- CoV 2. Este procedemento está incluído no Plan de actuación que a MUXEXU elaborou para colaborar coas autoridades sanitarias correspondentes, facilitando a identificación dos mutualistas e beneficiarios que se atopen nesta situación de moi alto risco. Os mutualistas e beneficiarios incluídos neste grupo de alto risco deberán cumprimentar a declaración responsable que se acompaña e facela chegar á MUXEXU, canto antes e pola vía máis rápida, por algún dos seguintes medios: 

Presencialmente, na sede central de MUGEJU ou en calquera Delegación Provincial.

Por correo electrónico: mugeju@justicia.es

Por fax: 91 435 63 61. 

Por correo postal dirixido á sede central de MUXEXU.

https://www.mugeju.es/sites/default/files/archivos/noticias/Modelo%20DECLARACION%20Vacunacion%20COVID%2019%20v%204.pdf

A través da sede electrónica na seguinte ligazón: https://sedemugeju.gob.es/declaracion-covid

Este plan de actuación da MUXEXU non impide que as autoridades sanitarias competentes de cada Comunidade Autónoma poidan contactar directamente cos mutualistas ou beneficiarios comprendidos neste grupo cualificado de alto risco. 

Ligazón estratexia de vacinación:  

https://www.mscbs.gob.es/profesionales/saludPublica/prevPromocion/vacunaciones/covid19/docs/COVID-19_Actualizacion5_EstrategiaVacunacion.pdf

Ligazón grupo 7 enfermidades moi graves:

https://drive.google.com/file/d/17nFaYETxHN0rHH2lQkGyAUVdstZ121N7/view?usp=sharing

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr