Saltar ao contido principal

MESA SECTORIAL SOBRE BOLSAS DE PERSOAL INTERINO

No día de hoxe tiñamos Mesa Sectorial para avanzar na nova bolsa de interinos que se tería que publicar e así solucionar os problemas actuais que ten a Xustiza Galega no nomeamento de dito persoal. De maneira sorprendente o sindicato SPJ-USO foi o único que non apoiou a petición de adiamento desta mesa, solicitada pola CIG debido á ausencia da persoa que leva con ese tema dende hai case un ano, a Subdirectora, e tamén pola imperiosa necesidade de darlle previamente solución aos problemas das designacións feitas a través do SPEG (que como é un tema de comisión paritaria debería de tratarse antes en dita comisión e despois levalo a unha sectorial). Para a CIG era importante comezar esta reunión para darlle solución aos problemas que estamos a ter para os nomeamentos de persoal interino en Galiza, pero tamén darlle unha solución ao problema dos nomeamentos que actualmente se están realizando a través do SPEG, xa que non cumpren, a criterio deste sindicato, os principios de capacidade, mérito, igualdade e publicidade, polo que pedimos que este tema fose tratado nunha Comisión Paritaria ou Mesa de Traballo; polo tanto solicitamos esta suspensión, quedando adiada ata a próxima semana.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

MOBILIZACIÓNS EN MADRID SOBRE NEGOCIACIÓN DA LOEO, DETALLE DE FUNCIÓNS E MELLORAS SALARIAIS

  As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

MANIFESTACIÓN EN MADRID REIVINDICANDO MELLORAS NA LOEO, FUNCIÓNS E RETRIBUCIÓNS

Manifestación en Madrid sobre reclamación de melloras na negociación da LOEO, detalle de funcións e melloras retributivas para todo o estado.