Ante as ultimas novas publicadas e a inquedanza existente no colectivo de mutualistas da MUXEXU, fronte as campañas masivas de vacinación que está a levar a cabo o Sergas con motivo da Covid-19 e, dada a falta ou retraso no chamamento ao persoal adscrito a esta mutualidade que se atopa nos rangos de idade actuais da programación de vacinación, entendemos que dita discriminación non se pode producir, pois a Consellería de Sanidade ten dende fai semanas coñecemento dos datos de contacto de todas/os as mutualistas adscritos á MUXEXU. Polo tanto, dado que o teléfono de contacto facilitado a este efecto (881.002.021) non está a funcionar correctamente, animámosvos a presentar a correspondente queixa a través dos canles ordinarios ou dixitais, tanto na propia Consellería de Sanidade como ante o Valedor do Pobo
Ligazón queixa Consellería de Sanidade:
https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=PR002A
Ligazón queixa Valedor do Pobo:
Comentarios
Publicar un comentario