Saltar ao contido principal

MESA SECTORIAL MADRID 7-5-2021 - CONCURSO - OPOSICIÓNS - PROM.INTERNA 2019 - VARIOS

Este venres, a CIG participou na Mesa Sectorial do Ministerio de Xustiza xunto cos sindicatos representativos do sector (ELA, CCOO, UXT, así como os corporativos CSI-F e STAJ) e, na mesma, tratáronse os seguintes temas:

  • Adecuación Complemento Específico: O Ministerio anunciou a convocatoria para o vindeiro día 13 para comezar a negociación do recollido na Disposición adicional centésima quincuaxésima sétima da Lei 11/2020, de 30 de decembro, dos Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2021 sobre a actualización do complemento específico do persoal dos Corpos de Auxilio Xudicial, de Tramitación PA, de Xestión PA, de Médicos Forenses, dos corpos especiais do INTCF, así como Letrados da Administración de Xustiza.

  • Fiscalía Europea: Comunicóusenos a estrutura organizativa desta oficina en España, que entrará en funcionamento en xuño, con sede en Madrid, e que estará dotada con 2 prazas de Xestión PA, 7 de Tramitación PA e 1 de Auxilio Xudicial, que se cubrirán por concurso específico.

  • Unidade Administrativa na Administración de Xustiza: Crearase unha unidade con sede en Madrid.

  • LAX Substitutos: Está prevista a convocatoria das novas bolsas, retomándose proximamente a negociación das mesmas.

  • Concurso de traslados 2021: Comezaron os trámites pero o Ministerio non confirmou a data de publicación.

  • Oposicións: Contan con publicar as listaxes definitivas de aprobados de Xestión a finais deste mes e a continuación ofertar os destinos para así poder tomar posesión en xullo. En Tramitación traballan cos mesmos prazos pero aumentados en 15 días máis. En Auxilio Xudicial farase a finais deste mes ou principios do que ven o exame de incidencias e abrirán en xullo a fase de concurso. A última promoción de Médicos Forenses tomará posesión cara o mes de outubro.

  • Promoción Interna OEP 2019: Esta vindeira convocatoria será unicamente sobre a oferta de emprego público de 2019, pois así esta establecido no acordo de estabilización asinado polos sindicatos estatais que abarcaba os anos 2017,2018 e 2019. A previsión é comezar coa publicación da convocatoria de promoción interna no mes de xullo, para logo poder examinarse cara finais de ano.


Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr