Saltar ao contido principal

MESA SECTORIAL NO MINISTERIO DE XUSTIZA

Este xoves a CIG participou noutra reunión co Ministerio de Xustiza xunto cos sindicatos representativos do sector (CCOO, UGT, ELA, así como os corporativos CSIF e STAJ).

Un dos puntos da orde do día era a nova regulamentación dos Institutos de Medicina Legal, cos que se pretende recoller os aspectos novidosos introducidos polas reformas lexislativas acaecidas dende a publicación do antigo regulamento como, por exemplo, as funcións docentes na nova especialidade de medicina legal.

A CIG fixo unha exposición xeral sobre a reforma dado que se enviarán alegacións por escrito de cara a vindeiras reunións que se celebrarán ao respecto, deixando clara a nosa postura de rexeitamento á cobertura de postos de libre designación e a un sistema de carreira profesional selectivo. Tamén pedimos explicacións pola supresión das referencias ás clínicas médico-forenses dos partidos xudiciais pequenos, ao que o representante do Ministerio quixo deixar claro que non era esa a súa intención e que revisarían o texto enviado.

Xa no apartado de rogos e preguntas, o Ministerio informou sobre varios aspectos:

            - CONCURSO DE TRASLADOS: convocatoria a finais de xuño. Instancias entre xullo e setembro. Datas similares ó 2020

            - OPOSICIÓNS:

- OPE LAX: A intención do Ministerio é acumular as ofertas de emprego público de 2019,2020 e 2021, chegando a poder acadar arredor das 250 prazas. A convocatoria sería para finais de ano.

- LISTAXES DEFINITIVAS XESTIÓN LIBRE : Cren que sairán publicadas para a segunda semana de xuño.

- LISTAXES DEFINITIVAS TRAMITACIÓN LIBRE: Para finais de xuño.

Hai moitas reclamacións na fase de concurso polo cómputo dos servizos prestados

- EXAME INCIDENCIAS AUXILIO: parece que será o 4 de xuño pero aínda non é oficial.

- AXUDANTES DE LABORATORIO E FACULTATIVOS: de axudantes van trasladar as bases nos próximos días e as de facultativos para outubro (OPE 17-18)

-OPE 2019 :empezará pola PI coa publicación no BOE en novembro ou decembro; será despois das tomas de posesión das OPEs do 17-18 para que poidan participar estes últimos na PI.

          - BOLSA DE LAX EN SUBSTITUCIÓN: Xa remataron coa aplicación informática e están pendentes de rematar uns flecos da norma para presentala.

Ante as preguntas da CIG sobre o noso país, contestaron:

- en relación coas gardas de 24 horas de Vigo e A Coruña, que seguen sen ter información por parte da Xunta.

- sobre a creación das prazas de LAX nos SCACE de Ourense, Lugo e Ferrol, manifestaron que están incluídas na relación de traballo pero que aínda non lle deu o visto bo o equipo ministerial. Cando así sexa levarán á mesa as que lle aproben e contan que sexa despois do verán...

.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

MESA SECTORIAL MINISTERIO - VINDEIRAS OPOSICIÓNS

A CIG ven de participar na Mesa Sectorial do Ministerio de Xustiza, xunto cos sindicatos representativos do sector (Ccoo, Ugt, Ela, así como os corporativos Csif e Staj). Nela tratouse a primeira valoración da Lei 20/2021 e o seu impacto na OEP 2019 e seguintes da Administración de Xustiza. O Ministerio de Xustiza xa está a tratar o tema coas distintas CCAA con transferencias na materia posto que a cada unha lle afecta en maior o menor medida. Respecto da promoción interna non lle ven posibles afectacións. Dende a CIG reclamamos a recuperación do 50% das prazas para a PI, así como unha convocatoria extraordinaria que permita recuperar as prazas perdidas. Como a norma afecta de xeito diferente a cada OEP, o Ministerio entende que non se poderán acumular entre elas, pero de atopar o xeito de facelo optarán por esta vía que será a máis áxil. O Ministerio entende que para a OEP do 2019 xa deberían ofertar polo sistema de concurso aquelas prazas que leven ocupadas con carácter temporal de f

POSIBLES DATAS DE EXAME DAS PROBAS DE ACCESO AOS CORPOS XERAIS - QUENDA LIBRE - SISTEMA DE OPOSICIÓN

Segundo comentou a administración, estase a valorar, como datas de posible celebración das probas selectivas para acceso polo sistema de oposición, na quenda libre, para os corpos de Xestión, Tramitación e Auxilio, ben algún dos fins de semana de xuño ou de xullo, coa intención ademais de facer coincidir os exercicios dos tres corpos na mesma fin de semana. Esta información debe de tomarse coa debida cautela, posto que no desenvolvemento dos procesos de oposición están implicadas moitas administracións e polo tanto resulta difícil concertar as datas de celebración.

URXENTE !!! PROCESOS DE ESTABILIZACIÓN - PETICIÓN CERTIFICACIÓN SERVIZOS PRESTADOS

Unha vez finalizados os prazos de presentación de instancias para os distintos procesos de estabilización e xa que os períodos de presentación de méritos son curtos, recomendámosvos que vaiades xuntando toda a documentación necesaria.  Para a acreditación dos servizos prestados, segundo nos informou o Ministerio de Xustiza, vai ser precisa unha certificación dos mesmos cando se traballase en territorio transferido como persoal interino ou se fixese algunha substitución.  Para evitar posibles apuros de última hora, podes ir solicitándoo xa seguindo estes doados pasos:  Accede á sede electrónica da Xunta premendo nesta ligazón:  https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/solicitude-xenerica A continuación pedirache que te identifiques cun certificado dixital (vale a tarxeta profesional) e logo haberá que incluir nos campos indicados o texto que se indica na seguinte  imaxe. Finalmente debera de asinarse e presentarse dita solicitude a fin de que logo poda ser cursada pola adminitración