Despois de case un ano negociando a convocatoria dunha nova bolsa de interinaxe, debido á falta de persoal dispoñible, tendo que estar acudindo ao SPEG continuamente, a Dirección Xeral propón agora eliminar os requisitos de exames aprobados ou tempo traballado para poder optar a entrar nela, así como valorar algúns cursos de formación. Vese que finalmente se percataron do problema que isto supuña, posto que foi o que provocou que na convocatoria do 2018 non se cubriran todas as prazas ofertadas.
Así que voltamos ao antigo sistema de convocatorias cunha bolsa de traballo, outra de reserva e unha longa listaxe de persoas baremadas non incluídas.
A inmensa cantidade de solicitudes que se presentarán e que se van ter que baremar (formación incluída), vai provocar que a entrada en funcionamento da nova bolsa se adie moitísimo, o que fai máis urxente elaborar uns criterios homoxéneos nos chamamentos do SPEG, que serán os máis frecuentes de agora en diante. A Administración tamén propuxo aumentar a puntuación que se outorgará aos cursos de galego, algo que a CIG ven reclamando de vello e que, agora, faise máis necesaria, dada a gran cantidade de solicitudes que se esperan, mesmo de fóra do noso país.
Comentarios
Publicar un comentario