No DOG de hoxe publicouse a Resolución do 10 de xuño de 2021, da Dirección Xeral de Xustiza, da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de concurso específico, dun posto de traballo vacante na Fiscalía Provincial da Coruña.
As persoas que concursen deberán presentar a súa solicitude utilizando obrigatoriamente o modelo que figura no anexo IV da resolución.
O prazo para solicitar a praza será de 10 días hábiles.
Ligazón Resolución:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210617/AnuncioG0595-140621-0001_gl.pdf
Ligazón corrección erros:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210618/AnuncioG0595-170621-0001_gl.pdf
Comentarios
Publicar un comentario