Hoxe, 8 de xuño, celebrouse unha nova reunión para tratar a modificación e nova convocatoria da bolsa de interinas/os coa introdución das novidades que o outro día vos adiantabamos (non esixencia dos requisitos de ter superado algún exame ou tempo de experiencia, e a valoración de cursos de formación, entre outras). Este cambio de escenario motivou a introdución de novas alegacións por parte deste sindicato, que hai que unir ás que xa fixeramos con anterioridade. Na nota informativa que vos deixamos na ligazón de abaixo segue toda a información do acontecido na xuntanza e das alegacións realizadas pola CIG.
Ligazón folla informativa:
https://drive.google.com/file/d/10G_jjEx9CpXUJZH1nFZFM5XixF0LuI3E/view?usp=sharing
Comentarios
Publicar un comentario