Saltar ao contido principal

NOVA SENTENZA ESTIMATORIA SOBRE A CARREIRA PROFESIONAL DO PERSOAL DE XUSTIZA

A CIG ven de gañar outra sentenza da traxectoria profesional en xustiza, en relación co persoal interino desta administración, o cal quedaba excluído do acordo da traxectoria profesional asinado por SPJ-USO, UXT e CCOO.  Desta volta o maxistrado xa recoñece o dereito da/o demandante a acceder ao Grado I da traxectoria profesional nas mesmas condicións e cos mesmos efectos económicos que os funcionarios de carreira. Aínda que a sentenza non é firme, porque contra a mesma pode interpoñerse recurso de apelación, o certo e que en base á propia argumentación xurídica e os pronunciamentos do TSXG en relación coa carreira profesional autonómica, máis pronto que tarde a Consellería de Xustiza terá que permitir e pagar a traxectoria profesional ao persoal interino.

Unha vez máis a CIG tivo que acudir aos tribunais para acadar o seu obxectivo de defender os dereitos das traballadoras/es de xustiza, ante a ausencia absoluta de defensa dos seus intereses por parte das centrais sindicais asinantes do acordo e de negociación por parte da administración autonómica.

FALLO.- ESTIMANDO recurso contencioso-administrativo interpuesto por  la Letrada DOÑA FRANCISCA DOLORES ..... en representación de D/Dª......, frente a la resolución de la Dirección Xeral de Xustiza, Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Publicas e Xustiza, notificada el 30 de diciembre de 2020, por la que se desestima la solicitud de reconocimiento del grado I del sistema de trayectoria profesional, resolución que revocamos por ser contraria a derecho, reconociendo el derecho de........., funcionaria/o interina/o con más de cinco años de antigüedad, a acceder al régimen extraordinario de GRADO I de carrera profesional, en las mismas condiciones y con los mismos efectos económicos y administrativos que los funcionarios de carrera en idéntica situación, con expresa condena en costas a la demandada si bien se limitan las mismas por los conceptos de representación y defensa a un máximo de 400 euros.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

MOBILIZACIÓNS EN MADRID SOBRE NEGOCIACIÓN DA LOEO, DETALLE DE FUNCIÓNS E MELLORAS SALARIAIS

  As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

MANIFESTACIÓN EN MADRID REIVINDICANDO MELLORAS NA LOEO, FUNCIÓNS E RETRIBUCIÓNS

Manifestación en Madrid sobre reclamación de melloras na negociación da LOEO, detalle de funcións e melloras retributivas para todo o estado.