Despois de tres anos da absurda tramitación dun procedemento penal ao compañeiro Javier Fernández Castro, con motivo dun delicto de coaccións producido na folga levada a cabo na administración de xustiza en Galiza, concretamente pola defensa dunha traballadora dun órgano xudicial e de loitar polo repecto ao exercicio dos seus dereitos laborais, que é moito máis do que outros sindicalistas foron quen de facer, finalmente a Audiencia Provincial da Coruña confirmou a sentenza do Xulgado de Instrución nº 1 condenando ao compañeiro Javier ao pagamento dunha multa e unha simbólica contía polas responsabilidades civis.
Canto mellor nos houbera ido se naquela folga contaramos con máis delegados sindicais como Javier e menos como os mansos que se someteron a un nefasto acordo para por fin, pola porta de atrás, a lexítima loita das traballadoras/es da Administración de Xustiza.
Ligazón folla informativa:
https://drive.google.com/file/d/1qfWA8N3NZy_46oZhBmyE2mZE6E6YUscK/view?usp=sharing
Comentarios
Publicar un comentario