AS CENTRAIS SINDICAIS PRESENTES NA MESA SECTORIAL EN MADRID SOLICITAMOS A NEGOCIACIÓN DAS NOVAS REFORMAS ORGANIZATIVAS
Os seis sindicatos con representación na mesa sectorial da administración de xustiza solicitamos ao ministerio o comezo das negociacións do anteproxecto de lei de eficiencia organizativa do servio público de xustiza.
CSIF, STAJ, CCOO, UXT, CIG e ELA non imos permitir que estas importantes reformas organizativas (Tribunais de Instancia, Oficinas de Xustiza nos municipios e implantación xeneralizada da NOJ) que afectan directamente e de forma moi importante ás nosas condicións de traballo sexan levadas a cabo de forma unilateral e sen negociación colectiva que, ademais, é unha obrigación legal recollida no Estatuto Básico do Empregado Público.
Dado que o Ministerio de Xustiza negouse ata o de agora a convocar a mesa de negociación a pesar dos requirimentos sindicais, os seis sindicatos remitimos de forma conxunta un escrito instando dita negociación.
Ligazón escrito presentado:
https://drive.google.com/file/d/1cmRP64EMDFzhG-E1Vi5pqGzPorhJv982/view?usp=sharing
Comentarios
Publicar un comentario