Saltar ao contido principal

OFERTA DE PRAZAS APROBADOS DE TRAMITACIÓN - QUENDA LIBRE - OEP 2017-2018

O Ministerio ven de  remitir o Anexo I coa relación de prazas a ofrecer no "Resto de peninsula e Baleares" as funcionarias/os de novo ingreso de Tramitación Procesual e Administrativa, quenda libre, correspondentes á OEP 2017-2018.


Data de publicación prevista no BOE: 30-7-2021.


Presentación de solicitudes: Desde 2-8-2021 a 3-9-2021.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

PROBLEMAS SELECCIÓN PERSOAL INTERINO POLO SPEG

Ante os diversos criterios aplicados polas respectivas delegacións de xustiza, a CIG solicitou á dirección xeral unha xuntanza da mesa paritaria de persoal interino da Administración de Xustiza, co fin de acadar  un acordo para fixar uns criterios comúns a seguir para as seleccións, a través do SPEG, de dito persoal. Toda vez que dita reunión está adiada sen data concreta para a súa celebración, por medio desta nova facemos chegar a todas as interesadas/os nos procesos de selección que se levan a cabo polos servizos de xustiza das catro provincias galegas, un modelo de escrito de queixa para que o enviedes, tanto a través do portal de transparencia da Xunta de Galiza como  da páxina da actual Valedora do Pobo (María Dolores Fernández Galiño), a fin de que dunha vez por todas a Dirección Xeral de Xustiza fixe criterios de selección que respecten os principios de publicidade, mérito e capacidade que se establecen na Constitución Española e no TREBEP. Ligazón correos petición mesa interin

SENTENZA ESTIMATORIA CARREIRA PROFESIONAL XUNTA

O TSXG ven de estimar COMPLETAMENTE a demanda interposta pola CIG contra a Orde de Carreira Profesional, pactada por UXT, CCOO e Xunta e, en concordancia, ven de acordar o dereito do persoal laboral temporal e funcionario interino a participar na Carreira Profesional. Houbo condena en custas para  a Xunta.  Esta é unha importante Sentenza, que terá repercusións en múltiplos casos individuais, así como noutras normas como a da traxectoria profesional do sector de Xustiza. Deste xeito, non haberá discriminacións na carreira profesional para o persoal eventual, tal e como SPJ-USO, UXT e CCOO asinaron no seu día. Alguén ten que ir quitando o lixo que outros van deixando polo camiño, colgándose continuamente medallas polos seus logros, sen importar a quen deixan atrás.