Saltar ao contido principal

XUNTANZA COA NOVA MINISTRA PILAR LLOP

Como xa vos informaramos o pasado 24 de xullo, hoxe mantivemos unha xuntanza coa nova Ministra de Xustiza, Pilar Llop, na que aproveitamos para trasladarlle determinadas peticións relacionadas co persoal ao servizo da Administración de Xustiza destinado en Galiza. 
 
Entre outras cuestións lle trasladamos a nova ministra as seguintes:
 
- Revisión da Lei de Demarcación e Planta para a creación de Xulgados comarcalizados exclusivos de Violencia sobre a Muller. Mantemento tamén de todos os partidos xudiciais existentes en Galiza.
 
- Apertura do proceso de negociación das modificacións da Lei Orgánica do Poder Xudicial contidas no Anteproxecto de "Ley de Eficiencia Organizativa del Servicio Público de Justicia".  

- Instauración da carreira profesional na Administración de Xustiza.

Unificación do complemento xeral do puesto, eliminando os criterios de poboación.

Modificación da Orde de gardas, adecuando os horarios e tempos de descanso á normativa europea, así como a revisión das retribucións. 

- Instauración do sistema de gardas de 24 horas para as cidades de Vigo e A Coruña.

Promoción Interna: recuperación do 50% das prazas para todos os corpos, incluindo de Xestión PA a LAX, así como a supresión da oralidade no examen. 

- Concurso de traslado: adaptar os tempos de convocatoria e resolución (1º trimestre) para conciliar a movilidade familiar.

Recuperación total dos dereitos vixentes antes dos recortes do decretazo 20/2012

- Modificación de la Ley 29/1998, de 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa (eliminación de costas ao demandante en materia de persoal, elección de órganos polo domicilio do lugar de traballo…).

Ligazón:

https://www.mjusticia.gob.es/es/ElMinisterio/GabineteComunicacion/Paginas/La-ministra-de-Justicia-se-reúne-con-los-sindicatos-CC-OO-,-UGT,-CIG-y-ELA-Sindikatua.aspx

 

 

 

 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr