Saltar ao contido principal

XUNTANZA PRESIDENTE TSXG - SITUACIÓN XULGADOS DE VIOLENCIA DE XÉNERO

O pasado martes, 29  de xuño, mativemos co Presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, José María Gómez y Díaz-Castroverde, a reunión solicitada días atrás, para comentar a situación dos xulgados con competencia en materia de violencia de xénero. 
 
Este sindicato trasladoulle a preocupación pola situación caótica que se vive en moitos destes órganos, o que redunda nun servizo de mala calidade, unha deficiente atención á vítima e unhas condicións de traballo intolerables que se traducen en xornadas maratonianas que impiden a conciliación da vida laboral e familiar. A situación nos xulgados mixtos é ben coñecida: falta de persoal, xuíces/xuízas substitutos/as ou de recente acceso á carreira xudicial que permanecen pouco tempo e que compaxinan a violencia coa materia civil e o resto de penal, instalacións que non permiten a separación de vítima e agresor, etc, etc... A dos exclusivos non é mellor: falta de persoal e unha sistemática de traballo que semella unha garda sen selo, con frecuentes xornadas laborais ate as 19 ou 20 horas. Ante este panorama, este sindicato avoga pola creación de novos xulgados con competencia na materia (habilitando xulgados de reforzo mentres tanto), así como pola “comarcalización”, o que permitiría unha maior especialización e unha descarga de traballo nos órganos mixtos. 
 
En canto á creación dun segundo xulgado na Coruña e Vigo, o Presidente do TSXG afirmou que os datos que reflicten as estatísticas e que se teñen en conta para estudiar a creación de novos xulgados non reflicten a necesidade dun segundo xulgado pero, amosouse preocupado pola situación na que se atopan os existentes e por algunhas cuestións concretas que lle trasladamos, afirmando que este era un tema preferente para el e que tomaba nota do falado, emprazándonos a reunirnos dentro duns meses para comprobar a efectividade dalgunhas das medidas que pensa tomar ao respeto. Esperemos que isto sexa así e que, tanto dende o TSXG como dende a Dirección Xeral se poña remedio á situación insostible destes órganos en todo o país.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr