Saltar ao contido principal

COMISIÓN ACCIÓN SOCIAL. INMINENTE PUBLICACIÓN LISTAXES DEFINITIVAS

Na xuntanza da comisión de acción social 2021 celebrada o 27/08/2021, a Dirección Xeral de
Xustiza ven de informar:
 

1- Das 133 solicitudes quedan definitivamente admitidas 129 con 137 beneficiarios (das 7 solicitudes que se denegaron provisionalmente presentaron alegacións 4, admitíndose as alegacións de 3 e quedando fora 4).

2- A resolución da DXX, unha vez aprobadas as listaxes definitivas das solicitudes admitidas e excluídas correspondentes ás axudas do fondo de acción social do 2021, publicarase no DOG (non nos confirmaron data, pero este ano o proceso vai máis adiantado). Por causa do carácter persoal dos datos vinculados a estas, o acceso por parte da persoa interesada á información relativa á admisión ou exclusión definitiva da súa solicitude realizarase a través da OPAX.
 

3- A contía final das axudas tendo en conta os grados de discapacidade quedan como segue:
- Do 33% ao 64%: 100,05 €
- Do 65% ao 74%: 200,10 €
- Do 75% en adiante: 400,20 € 

Pagamento: tense que facer antes de que acabe o ano 2021.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

MOBILIZACIÓNS EN MADRID SOBRE NEGOCIACIÓN DA LOEO, DETALLE DE FUNCIÓNS E MELLORAS SALARIAIS

  As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

MANIFESTACIÓN EN MADRID REIVINDICANDO MELLORAS NA LOEO, FUNCIÓNS E RETRIBUCIÓNS

Manifestación en Madrid sobre reclamación de melloras na negociación da LOEO, detalle de funcións e melloras retributivas para todo o estado.