Saltar ao contido principal

AMPLIACIÓN DAS DATAS DE EXAMEN CURSOS CELGA 2, 3 E 4

No DOG de hoxe publicouse a RESOLUCIÓN do 26 de agosto de 2021, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocan novas probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2, 3 e 4, no ano 2021 (código de procedemento PL500C).
Mediante a Resolución do 8 de marzo de 2021, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, convocáronse as probas para a obtención dos certificados de lingua galega (Celga) dos niveis 1, 2, 3 e 4, que tiveron lugar en maio e xuño de 2021. Dado o elevado número de persoas que se matricularon nelas, considérase necesario efectuar unha segunda convocatoria en 2021, co fin de satisfacer a demanda cidadá. 

Ligazón:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210913/AnuncioG0598-260821-0001_gl.pdf

Comentarios

Publicacións populares deste blog

PROBLEMAS SELECCIÓN PERSOAL INTERINO POLO SPEG

Ante os diversos criterios aplicados polas respectivas delegacións de xustiza, a CIG solicitou á dirección xeral unha xuntanza da mesa paritaria de persoal interino da Administración de Xustiza, co fin de acadar  un acordo para fixar uns criterios comúns a seguir para as seleccións, a través do SPEG, de dito persoal. Toda vez que dita reunión está adiada sen data concreta para a súa celebración, por medio desta nova facemos chegar a todas as interesadas/os nos procesos de selección que se levan a cabo polos servizos de xustiza das catro provincias galegas, un modelo de escrito de queixa para que o enviedes, tanto a través do portal de transparencia da Xunta de Galiza como  da páxina da actual Valedora do Pobo (María Dolores Fernández Galiño), a fin de que dunha vez por todas a Dirección Xeral de Xustiza fixe criterios de selección que respecten os principios de publicidade, mérito e capacidade que se establecen na Constitución Española e no TREBEP. Ligazón correos petición mesa interin

SENTENZA ESTIMATORIA CARREIRA PROFESIONAL XUNTA

O TSXG ven de estimar COMPLETAMENTE a demanda interposta pola CIG contra a Orde de Carreira Profesional, pactada por UXT, CCOO e Xunta e, en concordancia, ven de acordar o dereito do persoal laboral temporal e funcionario interino a participar na Carreira Profesional. Houbo condena en custas para  a Xunta.  Esta é unha importante Sentenza, que terá repercusións en múltiplos casos individuais, así como noutras normas como a da traxectoria profesional do sector de Xustiza. Deste xeito, non haberá discriminacións na carreira profesional para o persoal eventual, tal e como SPJ-USO, UXT e CCOO asinaron no seu día. Alguén ten que ir quitando o lixo que outros van deixando polo camiño, colgándose continuamente medallas polos seus logros, sen importar a quen deixan atrás.

POSIBLES PRAZAS VACANTES CONCURSO DE TRASLADOS 2021 - LISTAXES PROVISIONAIS

A Xunta de Galiza acaba de comunicarnos as prazas provisionais que a administración autonómica considera que deben ser convocadas no vindeiro concurso de traslados para o seu análise e posibilidade de engádega doutras que por algún motivo a propia a adminsitración non se percatara de incluir. Ligazón prazas Xestión: https://drive.google.com/file/d/1XEeaNYzVqtJd60XTtPDuOsewXDapTPNi/view?usp=sharing Ligazón prazas Tramitación: https://drive.google.com/file/d/13jXih_XDf6NLUiR1v00lW4SOfacS1BCa/view?usp=sharing Ligazón prazas Auxilio: https://drive.google.com/file/d/1arA7N7Ue4geuuJJ-XSSq0dlzCViGQrD8/view?usp=sharing