Saltar ao contido principal

COMISIÓN DE SERVIZOS DA PRAZA DE DIRECTOR/A DO IMELGA

Publicouse hoxe na intranet a Resolución do 9 de setembro de 2021, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convoca a provisión temporal, mediante comisión de servizos, do posto de Director/a do Instituto de Medicina Legal de Galicia.

As solicitudes xunto coa documentación xustificativa do curriculum vitae, dirixiranse á Dirección Xeral de Xustiza (Rúa Madrid 2-4, 15781 Santiago de Compostela) e poderán presentarse nos rexistros administrativos da Xunta de Galicia ou en calquera das formas previstas no artigo 38 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria na intranet de xustiza (http://intranet.xustiza.gal) e mais na web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo (https://cpapx.xunta.gal/comisions-de-servizo). Tendo en conta que a publicación se fixo o 10/09/2021 o prazo de presentación remataría o 24 de setembro.

Ligazón Resolución:

https://drive.google.com/file/d/1cMMVKjC5QHaQD3JL8dxsDpha8sg3uFvF/view?usp=sharing

Comentarios

Publicacións populares deste blog

MOBILIZACIÓNS EN MADRID SOBRE NEGOCIACIÓN DA LOEO, DETALLE DE FUNCIÓNS E MELLORAS SALARIAIS

  As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

MANIFESTACIÓN EN MADRID REIVINDICANDO MELLORAS NA LOEO, FUNCIÓNS E RETRIBUCIÓNS

Manifestación en Madrid sobre reclamación de melloras na negociación da LOEO, detalle de funcións e melloras retributivas para todo o estado.