Saltar ao contido principal

IMPLANTACIÓN LIÑA TELEFÓNICA NAS SALAS DE VISTA E PROTOCOLO PARA VIDEOCONFERENCIAS FORA DE GALIZA

Por parte da CIG solicitamos tanto á Dirección Xeral de Xustiza como ao Servizo de Xustiza de Vigo que se autorizara a instalación, nas salas de vista, de liñas telefónicas propias a fin de facilitar a comunicación con outros órganos xudiciais, sobre todo cando se vai a realizar unha videoconferencia. Por parte do Servizo de Xustiza xa se nos indicou (escrito de contestación que se achega) que se están atendendo todas as solicitudes que se están efectuando e que debe ser a Letrada/o o que realice a petición correspondente. Supoñemos que no resto de servizos de xustiza serán atendidas igualmente as solicitudes de liñas novas para as salas de vista.

Así mesmo, solicitouse que se publique na intranet un protocolo de funcionamento, para cando as videoconferencias se teñen que realizar con outra comunidade autónoma fora de Galiza. Xa non é o problema das distintas plataformas empregadas polas respetivas CCAA se non que, en moitos casos, as funcionarias/os do órgano aos que se lles está a solicitar a videoconferencia, descoñecen a forma de proceder coa aplicación que se emprega en Galiza polo que, cando chega o día da realización da videoconferencia a mesma non se pode realizar.

Ligazón escrito presentado:

https://drive.google.com/file/d/1QSWiJ7IMdImklavGGgmWF9jYzwa-v8pY/view?usp=sharing

Ligazón contestación recibida:

https://drive.google.com/file/d/1IcN9_MfvYzJam3quGqNry-I3Uk2EHTGF/view?usp=sharing

Comentarios

Publicacións populares deste blog

MOBILIZACIÓNS EN MADRID SOBRE NEGOCIACIÓN DA LOEO, DETALLE DE FUNCIÓNS E MELLORAS SALARIAIS

  As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

MANIFESTACIÓN EN MADRID REIVINDICANDO MELLORAS NA LOEO, FUNCIÓNS E RETRIBUCIÓNS

Manifestación en Madrid sobre reclamación de melloras na negociación da LOEO, detalle de funcións e melloras retributivas para todo o estado.