Saltar ao contido principal

INSTRUCIÓN SOBRE CRITERIOS PARA A APLICACIÓN EFECTIVA DE DICIREG NOS REXISTOS CIVÍS

No BOE de hoxe publicouse a Instrución do 16 de setembro de 2021, da Dirección Xeral de Seguridade Xurídica e Fe Pública, pola que se acordan as pautas e criterios para apoiar a entrada en servizo efectiva da aplicación informática  Dicireg, a partir da entrada en funcionamento da primeira oficina conforme ás previsións contidas na Lei 20/2011, do 21 de xullo, do Rexistro Civil. 

A reforma operada pola Lei 6/2021, do 28 de abril, ten na súa finalidade principal este obxectivo de implantación progresiva mediante unha estratexia  posibilista; de tal forma que o xogo das disposicións transitorias cuarta, oitava e décima, máis a adicional segunda, permita a implantación progresiva aludida, con tres escenarios:


– Disposición transitoria cuarta. Non se iniciou a transformación, segue o mesmo réxime actual.
– Disposición transitoria oitava e décima. Implantar  DICIREG, comezan as Oficinas a aplicar a Lei 20/2011.
– Disposición adicional segunda e transitorias cuarta, oitava e décima. Apróbanse as Relacións de Postos de Traballo ( RPT): xa queda completada a creación dunha nova Oficina do Rexistro Civil.


Este réxime transitorio supón dúas circunstancias a ter en conta:
 

– Convivencia de sistemas:
• Libros manuscritos.
•  INFOREG.
•  DICIREG.
 

– Convivencia de modelos:
• Feitos-Seccións (Lei de 1957).
• Rexistro individual (Lei 20/2011).


É dicir, por unha banda, un período de convivencia de Oficinas con ambos os modelos condicionados ao plan de despregamento. Cun previsible horizonte de culminación cara a finais de 2023.

Ligazón:

https://www.boe.es/boe/dias/2021/09/23/pdfs/BOE-A-2021-15391.pdf

Comentarios

Publicacións populares deste blog

MOBILIZACIÓNS EN MADRID SOBRE NEGOCIACIÓN DA LOEO, DETALLE DE FUNCIÓNS E MELLORAS SALARIAIS

  As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

MANIFESTACIÓN EN MADRID REIVINDICANDO MELLORAS NA LOEO, FUNCIÓNS E RETRIBUCIÓNS

Manifestación en Madrid sobre reclamación de melloras na negociación da LOEO, detalle de funcións e melloras retributivas para todo o estado.