Saltar ao contido principal

OFERTA DE PRAZAS DE PERSOAL INTERINO SPEG - FERROL E ORTIGUEIRA

Identificador da oferta: FERROL - ORTIGUEIRA
12/2021/8302
Detalles:
REQUIRENSE 2 TRAMITADORES/AS PROCESUAIS (C1) PARA AS LOCALIDADES DE FERROL E ORTIGUEIRA. REQUISITOS NIVEL FORMATIVO MÍNIMO: BACHARELATO OU EQUIVALENTE E TER ACREDITADO NA SÚA DEMANDA DE EMPREGO OS SEGUINTES DOUS REQUISITOS: A) SUPERACIÓN DE EXAME NAS OPOSICIÓNS ÁS CATEGORÍAS DE XESTIÓN PROCESUAL, TRAMITACIÓN PROCESUAL OU AUXILIO XUDICIAL DA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA DENDE O ANO 2008. (CODIGO 39). B) EXPERIENCIA LABORAL MÍNIMA DE 2 MESES NAS CATEGORÍAS DA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA: XESTIÓN PROCESUAL, TRAMITACIÓN PROCESUAL OU AUXILIO XUDICIAL (CODIGO 40). ESTES REQUISITOS/CÓDIGOS DEBEN CONSTAR NA DEMANDA DE EMPREGO PARA INCORPORAR A SÚA CANDIDATURA ÁS OFERTAS. NO CASO DE QUE NON CONSTEN, DEBERÁ PEDIR CITA NA SÚA OFICINA DE EMPREGO PARA ACREDITAR ESTES DATOS. ENVIARÁNSE 5 CANDIDATURAS POR POSTO QUE CUMPRAN TODOS OS REQUISITOS POR ORDE DA SÚA DATA DE INSCRICIÓN NOS SERVIZOS PÚBLICOS DE EMPREGO. DE NON EXISTIR SUFICIENTES CANDIDATURAS CON TODOS OS REQUISITOS, COMPLETARASE, ORDENADAS POLA SÚA DATA DE INSCRICIÓN NOS SERVIZOS PUBLICOS DE EMPREGO, COAS CANDIDATURAS QUE TEÑAN ACREDITADO O REQUISITO DE EXPERIENCIA (40) E POSTERIORMENTE COAS CANDIDATURAS QUE TEÑAN ACREDITADO A SUPERACIÓN DE EXAMES (39).
Cargo:
TÉCNICOS DE SERVIZOS XURÍDICOS E/OU SIMILARES

 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

PROBLEMAS SELECCIÓN PERSOAL INTERINO POLO SPEG

Ante os diversos criterios aplicados polas respectivas delegacións de xustiza, a CIG solicitou á dirección xeral unha xuntanza da mesa paritaria de persoal interino da Administración de Xustiza, co fin de acadar  un acordo para fixar uns criterios comúns a seguir para as seleccións, a través do SPEG, de dito persoal. Toda vez que dita reunión está adiada sen data concreta para a súa celebración, por medio desta nova facemos chegar a todas as interesadas/os nos procesos de selección que se levan a cabo polos servizos de xustiza das catro provincias galegas, un modelo de escrito de queixa para que o enviedes, tanto a través do portal de transparencia da Xunta de Galiza como  da páxina da actual Valedora do Pobo (María Dolores Fernández Galiño), a fin de que dunha vez por todas a Dirección Xeral de Xustiza fixe criterios de selección que respecten os principios de publicidade, mérito e capacidade que se establecen na Constitución Española e no TREBEP. Ligazón correos petición mesa interin

SENTENZA ESTIMATORIA CARREIRA PROFESIONAL XUNTA

O TSXG ven de estimar COMPLETAMENTE a demanda interposta pola CIG contra a Orde de Carreira Profesional, pactada por UXT, CCOO e Xunta e, en concordancia, ven de acordar o dereito do persoal laboral temporal e funcionario interino a participar na Carreira Profesional. Houbo condena en custas para  a Xunta.  Esta é unha importante Sentenza, que terá repercusións en múltiplos casos individuais, así como noutras normas como a da traxectoria profesional do sector de Xustiza. Deste xeito, non haberá discriminacións na carreira profesional para o persoal eventual, tal e como SPJ-USO, UXT e CCOO asinaron no seu día. Alguén ten que ir quitando o lixo que outros van deixando polo camiño, colgándose continuamente medallas polos seus logros, sen importar a quen deixan atrás.

POSIBLES PRAZAS VACANTES CONCURSO DE TRASLADOS 2021 - LISTAXES PROVISIONAIS

A Xunta de Galiza acaba de comunicarnos as prazas provisionais que a administración autonómica considera que deben ser convocadas no vindeiro concurso de traslados para o seu análise e posibilidade de engádega doutras que por algún motivo a propia a adminsitración non se percatara de incluir. Ligazón prazas Xestión: https://drive.google.com/file/d/1XEeaNYzVqtJd60XTtPDuOsewXDapTPNi/view?usp=sharing Ligazón prazas Tramitación: https://drive.google.com/file/d/13jXih_XDf6NLUiR1v00lW4SOfacS1BCa/view?usp=sharing Ligazón prazas Auxilio: https://drive.google.com/file/d/1arA7N7Ue4geuuJJ-XSSq0dlzCViGQrD8/view?usp=sharing