Publicouse na intranet a Resolución coas adxudicacións das últimas prazas ofertadas o pasado 1 de outubro, para a súa cobertura mediante substitución entre titulares. Podedes tamén comprobar dita adxudicación na ligazón que vos deixamos abaixo.
A
incorporación ao posto de traballo en substitución será na data de
efectos indicada na presente resolución e no correspondente acordo de
substitución.
Para a formalización desta incorporación
expedirase dilixencia de constancia asinada polo/a superior funcional e
pola persoa adxudicataria, dilixencia que deberá ser remitida á
Dirección Xeral de Xustiza por correo electrónico
servicio.persoal.xustiza@xunta.gal nesa mesma data.
A
renuncia á substitución adxudicada pola presente Resolución, será
penalizada coa imposibilidade de obter unha nova substitución durante o
período dun ano.
Ligazón:
Comentarios
Publicar un comentario