Saltar ao contido principal

NOVO ARCO DE SEGURIDADE PARA O EDIFICIO XUDICIAL DA PARDA

Despois de varias protestas realizadas por esta central sindical (aínda que outros parecen querer colgarse a medalla), conseguiuse que a administración autonómica tomase a decisión de adquirir e ubicar un novo arco e escaner de seguridade na entrada ao servizo do xulgado de instrución de garda en Pontevedra, a fin que o acceso dos cidadáns a dito servizo se faga coas mesmas garantías de seguridade que si se fixese pola porta principal do edificio xudicial.

Ligazóns de reclamacións formuladas:

https://pontevedraviva.com/xeral/54924/cig-denuncia-precariedad-medios-seguridad-juzgados-pide-xunta-medidas-urgentes/

https://www.lavozdegalicia.es/amp/noticia/pontevedra/pontevedra/2021/06/26/denuncian-falta-arco-seguridad-escaner-juzgado-guardia-pontevedres/0003_202106P26C2993.htm

Comentarios

Publicacións populares deste blog

PROBLEMAS SELECCIÓN PERSOAL INTERINO POLO SPEG

Ante os diversos criterios aplicados polas respectivas delegacións de xustiza, a CIG solicitou á dirección xeral unha xuntanza da mesa paritaria de persoal interino da Administración de Xustiza, co fin de acadar  un acordo para fixar uns criterios comúns a seguir para as seleccións, a través do SPEG, de dito persoal. Toda vez que dita reunión está adiada sen data concreta para a súa celebración, por medio desta nova facemos chegar a todas as interesadas/os nos procesos de selección que se levan a cabo polos servizos de xustiza das catro provincias galegas, un modelo de escrito de queixa para que o enviedes, tanto a través do portal de transparencia da Xunta de Galiza como  da páxina da actual Valedora do Pobo (María Dolores Fernández Galiño), a fin de que dunha vez por todas a Dirección Xeral de Xustiza fixe criterios de selección que respecten os principios de publicidade, mérito e capacidade que se establecen na Constitución Española e no TREBEP. Ligazón correos petición mesa interin

POSIBLES PRAZAS VACANTES CONCURSO DE TRASLADOS 2021 - LISTAXES PROVISIONAIS

A Xunta de Galiza acaba de comunicarnos as prazas provisionais que a administración autonómica considera que deben ser convocadas no vindeiro concurso de traslados para o seu análise e posibilidade de engádega doutras que por algún motivo a propia a adminsitración non se percatara de incluir. Ligazón prazas Xestión: https://drive.google.com/file/d/1XEeaNYzVqtJd60XTtPDuOsewXDapTPNi/view?usp=sharing Ligazón prazas Tramitación: https://drive.google.com/file/d/13jXih_XDf6NLUiR1v00lW4SOfacS1BCa/view?usp=sharing Ligazón prazas Auxilio: https://drive.google.com/file/d/1arA7N7Ue4geuuJJ-XSSq0dlzCViGQrD8/view?usp=sharing

TOMAS DE POSESIÓN E NOMEAMENTO DE TRAMITADORES E AUXILIOS OEP 2017-2018

Segundo as previsións comunicadas polo Ministerio de Xustiza a adxudicación de destinos para as opositoras/es do Corpo de Tramitación Procesual e Administrativo da OEP 2017-2018 e, en consecuencia,  o seu nomeamento como funcionarias/os de carreira, está prevista para a primeira quincena de outubro, previsiblemente sobre o 6 ou o 7. En canto as opositoras/es do Corpo de Auxilio Xudicial, entenden desde o ministerio que poderán tomar posesión en xaneiro de 2022. A CIG solicitou que foran nomeados funcionarias/os de carreira con data anterior ao 31 de decembro de 2021, a fin de que para xaneiro de 2023 xa puideran participar no concurso de traslados.