Desde a CIG vense reiterado, de igual xeito que se fixo desde a Xunta de Persoal, que a ubicación do Rexistro Civil non pode ser no edificio do casco vello onde actualmente está o SCNE e o reforzo do xulgado de cláusulas hipotecarias, posto que dito edificio non se adapta ao servizo que se ten que prestar desde o Rexistro Civil e mesmo os seus espazos de traballo quedarían excesivamente xustos para o cadro de persoal existente na actualidade, sen contar coa ubicación accesible dos libros que aínda non están dixitalizados, cuestión case imposible de acadar nun edificio que é completamente acristalado.
Pola nosa banda instamos a Dirección Xeral de Xustiza a que retome a idea de ubicación do Rexistro Civil no novo edificio xudicial do antigo "Hospital Xeral", pois entendemos que habería espazo suficiente para levar a cabo a mesma, máxime se temos en conta que a comisaría da policía autonómica non debería de estar nese novo emprazamento, cando os funcionarios xudiciais imos deixar baleiros dous edificios perfectamente adaptables para a función da comisaría autonómica.
En detrimento da ubicación no edifico da "Cidade da Xustiza" prantexamos, como mellor alternativa, a do edificio "La Gota de Leche" posto que ditas dependencias adáptanse moito mellor as funcións do Rexistro Civil e ao número de persoal existente, sendo un edificio moito máis emblemático e mellor ubicado e accesible que o do casco vello.
Ligazón escrito presentado:
https://drive.google.com/file/d/19mUXqcpJciVqmMcpeObifp8ZfR0ADgia/view?usp=sharing
Comentarios
Publicar un comentario