Saltar ao contido principal

A CIG SOLICITA A CONSOLIDACIÓN DA PRAZA DO REXISTRO CIVIL DE RIBEIRA

A CIG-Xustiza vén de se dirixir á Dirección Xeral de Xustiza, en demanda de que se consolide dunha vez, no cadro de persoal do Rexistro Civil de Riberia, a praza de reforzo existente do Corpo de Tramitación Procesual e Administrativa, antes de que finalice o actual período de vixencia do mesmo, en base a súa notoria necesidade estructural. A Dirección Xeral de Xustiza (DXX) ten previsto, para o día 13 de novembro, non prorrogar o actual reforzo da praza de tramitación do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución nº 1 de Ribeira, que desenvolve as súas función no Rexistro Civil (RC). Esta decisión da administración autonómica responde á intención de evitar a consolidación dunha praza necesaria e estrutural, como así o demostra o feito de que nos últimos 11 anos veña sendo reiterada e sistematicamente cuberta por persoal interino de reforzo. 

Ligazón escrito presentado:

https://drive.google.com/file/d/1n0UKL4KzB1eVbofeTtHcUiGlOYy9OLTG/view?usp=sharing

Ligazón nova:

https://www.cig.gal/nova/cig-xustiza-demanda-que-se-consolide-a-praza-de-reforzo-no-rexistro-civil-de-ribeira.html

 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

MOBILIZACIÓNS EN MADRID SOBRE NEGOCIACIÓN DA LOEO, DETALLE DE FUNCIÓNS E MELLORAS SALARIAIS

  As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

MANIFESTACIÓN EN MADRID REIVINDICANDO MELLORAS NA LOEO, FUNCIÓNS E RETRIBUCIÓNS

Manifestación en Madrid sobre reclamación de melloras na negociación da LOEO, detalle de funcións e melloras retributivas para todo o estado.