Saltar ao contido principal

O TSXG ESTIMA A DEMANDA DA CIG CONCEDENDO A TRAXECTORIA PROFESIONAL AO PERSOAL INTERINO

Por sentenza do 29 de outubro, da Sala do Contencioso-Administrativo do TSXG, estimouse o recurso interposto pola CIG contra a resolución da Dirección Xeral de Xustiza, de data 30 de xuño de 2020, pola que se fixo público o acordo do Consello da Xunta de Galicia, alcanzado o 10 de xuño entre a Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e as organizacións sindicais SPJ-USO, UGT e CCOO para a implantación dun sistema de carreira profesional do persoal ao servizo da Administración de Xustiza, que excluía ao persoal interino.

A Sala do Contencioso-Administrativo do TSXG estima a nosa demanda cos seguintes pronunciamentos:


- Anula as disposicións por nós impugnadas por ser contrarias a dereito.
- Declara, expresamente, o dereito do persoal funcionario interino a participar na traxectoria profesional deseñada pola resolución do 30 de xuño.
- Obriga á Administración a substituír os artigos anulados por outros que fixen o dereito do persoal funcionario interino da Administración de Xustiza de Galicia a participar no sistema de
traxectoria profesional en igualdade de condicións que o persoal funcionario de carreira, así como o seu dereito para acceder aos réximes ordinario e extraordinario de acceso aos distintos graos do sistema.
- Condena á Administración á publicación dos acordos de anulación e substitución no DOG.


Esta sentenza, reforza outras moitas xa ditadas por distintos xulgados do contencioso-administrativo de todo o país, en demandas individuais do persoal interino afiliado á CIG, nas que se condena á Administración a tramitar as súas solicitudes presentadas e que no seu día lles foron denegadas por non ser funcionarios de carreira.
 

Sálvase, con estas sentenzas gañadas pola CIG, a traizón e desprezo ao persoal interino dos
sindicatos “colaboracionistas” asinantes do acordo de implantación da traxectoria profesional que, de xeito intencionado e para contentar á Administración, os excluíron do acordo. 

E despois aínda algún, actuando en contra dos seus propios actos, quíxoo remediar dicíndolles ás compañeiras e compañeiros interinos que recorresen e ofrecéndolles os seus servizos xurídicos (primeiro asino o acordo e exclúote e despois ofrézome a facerche o recurso).


Finalmente, deixar claro que todo isto non afecta en ningún modo ao persoal titular que xa está a cobrar a traxectoria, tal e como o especifica o Tribunal na súa sentenza.

FEITOS....E TAMÉN PALABRAS (as das sentenzas)

Ligazón sentenza:

https://drive.google.com/file/d/1m0VJrJu-x4t_hfkQIB5aLlTVB3h7v1It/view?usp=sharing

Ligazón folla informativa: 

https://drive.google.com/file/d/1A0EUYlUKXBPnMi0rYrWcAI8Ok-rSH6Sc/view?usp=sharing

 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr