Saltar ao contido principal

OFERTA DE PRAZAS DE PERSOAL INTERINO SPEG - TRAMITACIÓN - VIGO, PORRIÑO e PONTEVEDRA

Identificador da oferta:

12/2021/11448
Detalles:
TRES PRAZAS DE TRAMITACIÓN PROCESUAL (C1)  PARA AS LOCALIDADES DE VIGO, PORRIÑO E PONTEVEDRA REQUISITOS NIVEL FORMATIVO MÍNIMO: BACHARELATO TER ACREDITADO NA SÚA DEMANDA DE EMPREGO OS SEGUINTES DOUS REQUISITOS: A) SUPERACIÓN DE EXAME NAS OPOSICIÓNS ÁS CATEGORÍAS DE XESTIÓN PROCESUAL, TRAMITACIÓN PROCESUAL OU AUXILIO XUDICIAL DA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA DENDE O ANO 2008. (CÓDIGO 39). B) EXPERIENCIA LABORAL MÍNIMA DE 2 MESES NAS CATEGORÍAS DA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA: XESTIÓN PROCESUAL, TRAMITACIÓN PROCESUAL OU AUXILIO XUDICIAL (CÓDIGO 40). ESTES REQUISITOS/CÓDIGOS DEBEN CONSTAR NA DEMANDA DE EMPREGO PARA INCORPORAR A SÚA CANDIDATURA ÁS OFERTAS. NO CASO DE QUE NON CONSTEN, DEBERÁ PEDIR CITA NA SÚA OFICINA DE EMPREGO PARA ACREDITAR ESTES DATOS. ENVIARANSE 15 CANDIDATURAS QUE CUMPRAN TODOS OS REQUISITOS POR ORDE DA SÚA DATA DE INSCRICIÓN EN EMPREGO GALICIA. DE NON EXISTIR SUFICIENTES CANDIDATURAS CON TODOS OS REQUISITOS, COMPLETARASE, ORDENADAS POLA SÚA DATA DE INSCRICIÓN EN EMPREGO GALICIA, COAS CANDIDATURAS QUE TEÑAN ACREDITADO O REQUISITO DE EXPERIENCIA (40) E POSTERIORMENTE COAS CANDIDATURAS QUE TEÑAN ACREDITADO A SUPERACIÓN DE EXAMES (39).
Cargo:
TÉCNICOS DE SERVIZOS XURÍDICOS E/OU SIMILARES

Comentarios

Publicacións populares deste blog

O TSXG ESTIMA A DEMANDA DA CIG CONCEDENDO A TRAXECTORIA PROFESIONAL AO PERSOAL INTERINO

Por sentenza do 29 de outubro, da Sala do Contencioso-Administrativo do TSXG, estimouse o recurso interposto pola CIG contra a resolución da Dirección Xeral de Xustiza, de data 30 de xuño de 2020, pola que se fixo público o acordo do Consello da Xunta de Galicia, alcanzado o 10 de xuño entre a Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e as organizacións sindicais SPJ-USO, UGT e CCOO para a implantación dun sistema de carreira profesional do persoal ao servizo da Administración de Xustiza, que excluía ao persoal interino. A Sala do Contencioso-Administrativo do TSXG estima a nosa demanda cos seguintes pronunciamentos: - Anula as disposicións por nós impugnadas por ser contrarias a dereito. - Declara, expresamente, o dereito do persoal funcionario interino a participar na traxectoria profesional deseñada pola resolución do 30 de xuño. - Obriga á Administración a substituír os artigos anulados por outros que fixen o dereito do persoal funcionario interino da Administración de Xus

PROBLEMAS SELECCIÓN PERSOAL INTERINO POLO SPEG

Ante os diversos criterios aplicados polas respectivas delegacións de xustiza, a CIG solicitou á dirección xeral unha xuntanza da mesa paritaria de persoal interino da Administración de Xustiza, co fin de acadar  un acordo para fixar uns criterios comúns a seguir para as seleccións, a través do SPEG, de dito persoal. Toda vez que dita reunión está adiada sen data concreta para a súa celebración, por medio desta nova facemos chegar a todas as interesadas/os nos procesos de selección que se levan a cabo polos servizos de xustiza das catro provincias galegas, un modelo de escrito de queixa para que o enviedes, tanto a través do portal de transparencia da Xunta de Galiza como  da páxina da actual Valedora do Pobo (María Dolores Fernández Galiño), a fin de que dunha vez por todas a Dirección Xeral de Xustiza fixe criterios de selección que respecten os principios de publicidade, mérito e capacidade que se establecen na Constitución Española e no TREBEP. Ligazón correos petición mesa interin

TOMAS DE POSESIÓN E NOMEAMENTO DE TRAMITADORES E AUXILIOS OEP 2017-2018

Segundo as previsións comunicadas polo Ministerio de Xustiza a adxudicación de destinos para as opositoras/es do Corpo de Tramitación Procesual e Administrativo da OEP 2017-2018 e, en consecuencia,  o seu nomeamento como funcionarias/os de carreira, está prevista para a primeira quincena de outubro, previsiblemente sobre o 6 ou o 7. En canto as opositoras/es do Corpo de Auxilio Xudicial, entenden desde o ministerio que poderán tomar posesión en xaneiro de 2022. A CIG solicitou que foran nomeados funcionarias/os de carreira con data anterior ao 31 de decembro de 2021, a fin de que para xaneiro de 2023 xa puideran participar no concurso de traslados.