Saltar ao contido principal

RESOLUCIÓN CONVOCATORIA PRAZAS LIBRE DESIGNACIÓN IMELGA

Publicouse o 02-11-2021 a RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 2021, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se resolve a convocatoria de provisión, polo sistema de libre designación, de postos vacantes no Instituto de Medicina Legal de Galicia, anunciada por Resolución do 1 de setembro de 2021.

Ligazón:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20211102/AnuncioG0595-281021-0001_gl.pdf

Comentarios

Publicacións populares deste blog

O TSXG ESTIMA A DEMANDA DA CIG CONCEDENDO A TRAXECTORIA PROFESIONAL AO PERSOAL INTERINO

Por sentenza do 29 de outubro, da Sala do Contencioso-Administrativo do TSXG, estimouse o recurso interposto pola CIG contra a resolución da Dirección Xeral de Xustiza, de data 30 de xuño de 2020, pola que se fixo público o acordo do Consello da Xunta de Galicia, alcanzado o 10 de xuño entre a Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e as organizacións sindicais SPJ-USO, UGT e CCOO para a implantación dun sistema de carreira profesional do persoal ao servizo da Administración de Xustiza, que excluía ao persoal interino. A Sala do Contencioso-Administrativo do TSXG estima a nosa demanda cos seguintes pronunciamentos: - Anula as disposicións por nós impugnadas por ser contrarias a dereito. - Declara, expresamente, o dereito do persoal funcionario interino a participar na traxectoria profesional deseñada pola resolución do 30 de xuño. - Obriga á Administración a substituír os artigos anulados por outros que fixen o dereito do persoal funcionario interino da Administración de Xus

PROBLEMAS SELECCIÓN PERSOAL INTERINO POLO SPEG

Ante os diversos criterios aplicados polas respectivas delegacións de xustiza, a CIG solicitou á dirección xeral unha xuntanza da mesa paritaria de persoal interino da Administración de Xustiza, co fin de acadar  un acordo para fixar uns criterios comúns a seguir para as seleccións, a través do SPEG, de dito persoal. Toda vez que dita reunión está adiada sen data concreta para a súa celebración, por medio desta nova facemos chegar a todas as interesadas/os nos procesos de selección que se levan a cabo polos servizos de xustiza das catro provincias galegas, un modelo de escrito de queixa para que o enviedes, tanto a través do portal de transparencia da Xunta de Galiza como  da páxina da actual Valedora do Pobo (María Dolores Fernández Galiño), a fin de que dunha vez por todas a Dirección Xeral de Xustiza fixe criterios de selección que respecten os principios de publicidade, mérito e capacidade que se establecen na Constitución Española e no TREBEP. Ligazón correos petición mesa interin

TOMAS DE POSESIÓN E NOMEAMENTO DE TRAMITADORES E AUXILIOS OEP 2017-2018

Segundo as previsións comunicadas polo Ministerio de Xustiza a adxudicación de destinos para as opositoras/es do Corpo de Tramitación Procesual e Administrativo da OEP 2017-2018 e, en consecuencia,  o seu nomeamento como funcionarias/os de carreira, está prevista para a primeira quincena de outubro, previsiblemente sobre o 6 ou o 7. En canto as opositoras/es do Corpo de Auxilio Xudicial, entenden desde o ministerio que poderán tomar posesión en xaneiro de 2022. A CIG solicitou que foran nomeados funcionarias/os de carreira con data anterior ao 31 de decembro de 2021, a fin de que para xaneiro de 2023 xa puideran participar no concurso de traslados.