Onte, 29 de decembro, celebrouse unha mesa sectorial para determinar o número de integrantes das respectivas bolsas de persoal interino. A proposta que previamente nos trasladou a Administración supuña un enorme aumento do mesmo, chegando ao 100% nalgún caso, o que suporía, de levarse a cabo, unha diminución da calidade do servizo e unha xeración falsa de expectativas de traballo para moita xente. Ademais, non é preciso, dado que a día de hoxe non está a traballar nin sequera un número de xente igual ao ofertado na convocatoria de 2019.
Ante a oposición xeralizada pola parte sindical, a DX comprometeuse a volver estudar as cifras e facer unha proposta máis axeitada.
A CIG prantexou un aumento razoable do número de integrantes, así como a configuración dunha bolsa de reserva co mesmo número ca de traballo.
A Administración ten a intención de rematar a negociación na semana do día 10 para poder publicar a convocatoria a finais de xaneiro.
Ligazón folla informativa:
https://drive.google.com/file/d/1_WESCI58ppyB0K1vJiPs8cJ86w83_jLe/view?usp=sharing
Comentarios
Publicar un comentario