Saltar ao contido principal

OFERTA DE PRAZAS DE PERSOAL INTERINO SPEG - AUXILIO - COMPOSTELA

IdentIFICADOR DA OFERTA:

12/2021/12726
DETALLES:
REQUIRESE 1 POSTO DE AUXILIO XUDICIAL (C2) PARA A LOCALIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA REQUISITOS NIVEL FORMATIVO MÍNIMO: ESO OU EQUIVALENTE E TER ACREDITADO NA SÚA DEMANDA DE EMPREGO OS SEGUINTES DOUS REQUISITOS: A) SUPERACIÓN DE EXAME NAS OPOSICIÓNS ÁS CATEGORÍAS DE XESTIÓN PROCESUAL, TRAMITACIÓN PROCESUAL OU AUXILIO XUDICIAL DA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA DENDE O ANO 2008. (CODIGO 39). B) EXPERIENCIA LABORAL MÍNIMA DE 2 MESES NAS CATEGORÍAS DA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA: XESTIÓN PROCESUAL, TRAMITACIÓN PROCESUAL OU AUXILIO XUDICIAL (CODIGO 40). ESTES REQUISITOS/CÓDIGOS DEBEN CONSTAR NA DEMANDA DE EMPREGO PARA INCORPORAR A SÚA CANDIDATURA ÁS OFERTAS. NO CASO DE QUE NON CONSTEN, DEBERÁ PEDIR CITA NA SÚA OFICINA DE EMPREGO PARA ACREDITAR ESTES DATOS. ENVIARÁNSE 5 CANDIDATURAS POR POSTO QUE CUMPRAN TODOS OS REQUISITOS POR ORDE DA SÚA DATA DE INSCRICIÓN NOS SERVIZOS PÚBLICOS DE EMPREGO. DE NON EXISTIR SUFICIENTES CANDIDATURAS CON TODOS OS REQUISITOS, COMPLETARASE, ORDENADAS POLA SÚA DATA DE INSCRICIÓN NOS SERVIZOS PÚBLICOS DE EMPREGO, COAS CANDIDATURAS QUE TEÑAN ACREDITADO O REQUISITO DE EXPERIENCIA (40) E POSTERIORMENTE COAS CANDIDATURAS QUE TEÑAN ACREDITADO A SUPERACIÓN DE EXAMES (39).
CARGO:
AXENTES XUDICIAIS E/OU ALGUACÍS

Comentarios

Publicacións populares deste blog

MESA SECTORIAL MINISTERIO - VINDEIRAS OPOSICIÓNS

A CIG ven de participar na Mesa Sectorial do Ministerio de Xustiza, xunto cos sindicatos representativos do sector (Ccoo, Ugt, Ela, así como os corporativos Csif e Staj). Nela tratouse a primeira valoración da Lei 20/2021 e o seu impacto na OEP 2019 e seguintes da Administración de Xustiza. O Ministerio de Xustiza xa está a tratar o tema coas distintas CCAA con transferencias na materia posto que a cada unha lle afecta en maior o menor medida. Respecto da promoción interna non lle ven posibles afectacións. Dende a CIG reclamamos a recuperación do 50% das prazas para a PI, así como unha convocatoria extraordinaria que permita recuperar as prazas perdidas. Como a norma afecta de xeito diferente a cada OEP, o Ministerio entende que non se poderán acumular entre elas, pero de atopar o xeito de facelo optarán por esta vía que será a máis áxil. O Ministerio entende que para a OEP do 2019 xa deberían ofertar polo sistema de concurso aquelas prazas que leven ocupadas con carácter temporal de f

POSIBLES DATAS DE EXAME DAS PROBAS DE ACCESO AOS CORPOS XERAIS - QUENDA LIBRE - SISTEMA DE OPOSICIÓN

Segundo comentou a administración, estase a valorar, como datas de posible celebración das probas selectivas para acceso polo sistema de oposición, na quenda libre, para os corpos de Xestión, Tramitación e Auxilio, ben algún dos fins de semana de xuño ou de xullo, coa intención ademais de facer coincidir os exercicios dos tres corpos na mesma fin de semana. Esta información debe de tomarse coa debida cautela, posto que no desenvolvemento dos procesos de oposición están implicadas moitas administracións e polo tanto resulta difícil concertar as datas de celebración.

URXENTE !!! PROCESOS DE ESTABILIZACIÓN - PETICIÓN CERTIFICACIÓN SERVIZOS PRESTADOS

Unha vez finalizados os prazos de presentación de instancias para os distintos procesos de estabilización e xa que os períodos de presentación de méritos son curtos, recomendámosvos que vaiades xuntando toda a documentación necesaria.  Para a acreditación dos servizos prestados, segundo nos informou o Ministerio de Xustiza, vai ser precisa unha certificación dos mesmos cando se traballase en territorio transferido como persoal interino ou se fixese algunha substitución.  Para evitar posibles apuros de última hora, podes ir solicitándoo xa seguindo estes doados pasos:  Accede á sede electrónica da Xunta premendo nesta ligazón:  https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/solicitude-xenerica A continuación pedirache que te identifiques cun certificado dixital (vale a tarxeta profesional) e logo haberá que incluir nos campos indicados o texto que se indica na seguinte  imaxe. Finalmente debera de asinarse e presentarse dita solicitude a fin de que logo poda ser cursada pola adminitración