Saltar ao contido principal

XUNTANZA DA MESA DE FORMACIÓN - 10-12-2021

O venres, 10 de decembro, mantivemos co responsable de formación da Dirección Xeral de Xustiza unha xuntanza por videconferencia a fin de analizar os cursos realizados neste ano 2021 e programar os novos cursos do ano 2022. Como era de esperar a administración pouco vai mudar da súa proposta de formación, que nos foi trasladada con anterioridade e que, teimadamente, volve a ser continuista e cunha formación simplemente teórica que promove nas traballadoras/es un afan de "titulitis". Pasamos unha pandemia, un estado de alarma, unha "reclusión" domiciliaria con obrigación de realizar teletraballo e, de todo isto, non aprendemos nada e seguimos sen invertir na formación que nos capacite plenamente para manexar as ferramentas informáticas que temos ao noso dispor. Constantemente existen problemas nos xulgados sobre o manexo das distintas aplicacións que temos, en moitos casos non só por eivas das propias aplicacións, se non por unha mala ou nula formación sobre as utilidades e melloras existentes nas mesmas.

Por parte da CIG insistimos en que non se realizara esta formación teórica e que se invertisen os cartos existentes (ademais de pedir tamén maior orzamento en formación) na realización de cursos de formación máis prácticos que permitan a capacitación das traballadoras/es da administración de xustiza no manexo dos distintos programas e aplicacións (REAG, Correos, Visor, Videoconferencias, Fortuny, Minerva e expediente dixital, Fidelius, Dicireg, etc). Para afrontar esta formación poderíanse programar perfectamente cursos on line con monitor a través de webinarios, co que un curso presencial pode ser realizado perfectamente on line con interacción dos partícipes e os monitores, sempre e cando se deseñen os entornos de formación para poder facer as prácticas correspondentes.

Asímesmo pedimos que se aumentarán os cursos de formación de galego, a formación específica do persoal interino e que, dunha vez por todas, se afronte un programa de dotación de formadores nos xulgados.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

MOBILIZACIÓNS EN MADRID SOBRE NEGOCIACIÓN DA LOEO, DETALLE DE FUNCIÓNS E MELLORAS SALARIAIS

  As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

MANIFESTACIÓN EN MADRID REIVINDICANDO MELLORAS NA LOEO, FUNCIÓNS E RETRIBUCIÓNS

Manifestación en Madrid sobre reclamación de melloras na negociación da LOEO, detalle de funcións e melloras retributivas para todo o estado.